
SERVIZOS QUE OFRECE O VIVEIRO
Os edificios contan con espazos particulares destinados a aloxar as empresas. Son despachos ou locais que contan cunha superficie media de 20 metros cadrados nos que se poderán instalar tres tipos de negocios: oficinas para empresas de servizos, pequenos locais industriais e espazos mixtos.
Os despachos contan con mobiliario e equipamiento de oficina non incluindo ordenador, fax, pero si contan con liña telefónica e conexión de banda ancha a Internet.
Además téñense habilitados unha serie de espazos comúns, coma poden ser aulas de formación, salas de reunións, centro de documentación,.. destiñados a que estos negocios poidan reforzar a súa imaxen e prestar servizos.
Asimesmo, terán á súa disposición tódolos servizos que ofrece o Concello de Cambados (asesoría fiscal, financieira, formación, comercio exterior, medioambiente, comercio interior,..)
Quén somos?
O Viveiro de Empresas é unha acción impulsada polo Concello de Cambados co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras e proporcionar un espazo de xestión e un apoio administrativo ás novas empresas, facilitar o establecemento, arranque e consolidación de novas empresas ou a viabilidade de empresas xa existentes para a súa posterior inserción no mercado, favorecendo aquelas de especial interese social ou estratéxico.
Comezar un proxecto empresarial constitúe un gran reto. Poñer en marcha unha iniciativa propia, a través da creación dunha empresa, é unha aventura persoal tan estimulante como complexa. Sen embargo, non é unha aventura imposible.