Qué é

Un Viveiro de Empresas é un espazo físico, especialmente deseñado para acoller empresas de nova creación, onde os emprendedores poden dispoñer dunhas instalacións e servizos a uns prezos máis reducidos que os do mercado.

Obxectivos

Facilitar a aparición de novos emprendedores mediante o asesoramiento técnico e a dispoñibilidade dos servizos das Institucións implicadas no proxecto. En definitiva favorecer o nacemento e a consolidación de novas empresas.

Favorecer a creación de postos de traballo que de xeito inducido conleven á creación de empresas e a súa proxección futura sobre o tecido socioeconómico.

Diversificar a estructura productiva local, favorecendo a instalación de empresas de carácter innovador.

Crear un medio idóneo en condicións de prezo e servizos que permitan ás iniciativas empresariaies desanvolver o seu Plan de empresa para que, con un tempo de estancia limitado, estén en situación de competir e actuar en condicións de mercado.

Contribuir á dinamización da zona na que se vai levantar o Viveiro.

Vantaxas

Para a empresa e/ou emprendedor

Aforro en custes iniciais de infraestruturas.

Disposición dun entorno que ofrece un valor engadido ás actividades que se desenvolvan nel, tanto pola imaxe das súas instalacións, coma pola “marca” das institucións que as respaldan.

Dispoñibilidade do asesoramento técnico por parte de especialistas en diversas cuestións de carácter empresarial (fiscal, laboral, xurídico,…), así coma determinados servizos que ofrecen as entidades promotoras.

A posibilidade de fracaso das empresas establecidas en viveiros é moito menor de a que se produce noutras circunstancias.

Para a sociedade

Dinamización do tecido empresarial da zona onde se ubique.

Asentamento da poboación, coma consecuencia do pulo económico que se produce.

Quén somos?

O Viveiro de Empresas é unha acción impulsada polo Concello de Cambados co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras e proporcionar un espazo de xestión e un apoio administrativo ás novas empresas, facilitar o establecemento, arranque e consolidación de novas empresas ou a viabilidade de empresas xa existentes para a súa posterior inserción no mercado, favorecendo aquelas de especial interese social ou estratéxico.

Comezar un proxecto empresarial constitúe un gran reto. Poñer en marcha unha iniciativa propia, a través da creación dunha empresa, é unha aventura persoal tan estimulante como complexa. Sen embargo, non é unha aventura imposible.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, política de cookies, pinche o enlace para maior información..plugin cookies

ACEPTAR