
VIVEIRO
Os servizos que presta o viveiro de empresas ubicado no Centro de Desenvolvemento Local do Polígono Industrial 7 Pías, son básicamente os seguintes:
Ubicación in situ de empresas de nova creación que precisan dun asentamento e de infraestrutura e tecnoloxía para poder arrancar. Durante un período de 2 anos estas empresas atoparanse “tuteladas” para encamiñarse nos mercados, contar con arroupamento co fin de poder atoparse representadas en feiras, exposicións, etc. Todo a un baixo custe, e coa garantía de especialistas que son quen de darlle saídas e solucións ás necesidades cotiás.

- Asentamento nas instalacións
- Empresas de nova creación o que non teñan máis de 6 meses na súa constitución.
- Acceso subvencionado ás instalacións.
- Acceso a redes de telecomunicación.
- Asistencia coordenada a eventos (Forums, Simposiums, Feiras, etc.)
- Asistencia xurídica
- Xestoría empresarial

VIVEIRO VIRTUAL
Ten coma fin proporcionar servizos a aquelas empresas que contan con máis de seis meses de antigüidade na data de constitución, impedíndoselle asentarse no viveiro empresarial. Sen atoparse tutorizada ao 100% estas empresas contan cunha tutorización “limitada” consistente en:
- Acceso subvencionado ás instalacións
- Asistencia coordenada a eventos (Forums, Simposiums, Feiras, etc.)
- Asistencia xurídica
- Xestoría empresarial

COWORKING
O coworking é a sinerxia de empresas cun contido en común. Partindo desta base, na sección de coworking situaranse ás empresas que compartan algún servizo ou que teñan unha necesidade común, tal como o que pre-elabora unha o desenvolve a outra.
Ubicada na primeira planta do Centro de Desenvolvemento Local, o servizo de coworking conta cunhas instalacións de 4 módulos a fín de que empresas (2 a 2 ou 1 a 4) poidan ubicarse beneficiándose dos seguintes servizos:
- Asentamento nas instalacións
- Acceso subvencionado ás instalacións
- Entrelazado empresarial
- Acceso a redes de telecomunicación.
- Asistencia coordenada a eventos (Forums, Simposiums, Feiras, etc.)
- Asistencia xurídica
- Xestoría empresarial
Ao mesmo tempo, todos estos modelos de asentamento, contan coa garantía de formar parte da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial. Esta asociación pon á disposición dos seus asociados unha serie de elementos e ferramentas coma cursos, seminarios, xuntanzas, misións comerciais, etc. que xunto coas que proporciona a Cámara de Comercio, farán que os novos empresarios poidan facer realidade as súas inquedanzas, asentando e dando pulo ás empresas co fin de que nun periodo de 2 anos se atopen integradas no tecido industrial e proporcionen novos postos de traballo.