O Concello de Cambados recibiu xa catro solicitudes doutros tantos emprendedores para reservar espazo no novo viveiro de empresas que está a piques de pórse en marcha en Sete Pías. Doutra banda, o portavoz municipal, Xurxo Charlín, anunciou a súa intención de modificar o regulamento deste novo servizo co fin de poder acollerse a unha subvención da Xunta que financia a construción dos viveiros industriais.
Un asesor fiscal, un avogado, unha quiromasajista e un empresario da construción especializado en cantería serán os primeiros en ocupar o novo viveiro de empresas de Cambados, que está a piques de entrar en funcionamento. Ao mesmo tempo, o pleno desta semana debaterá unha proposta de Charlín para modificar o regulamento e poder solicitar unha subvención para habilitar un viveiro industrial. Iso permitiría construír catro naves para emprendedores.
O portavoz anunciou tamén onte a entrada en funcionamento da nova web do viveiro de empresas. Nela poderase consultar toda a información sobre este proxecto, así como os requisitos para acceder ao mesmo.