O Concello de Cambados espera contar cunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria para pór en marcha o seu segundo proxecto de viveiro de empresas. O primeiro, que abrirá en cuestión de semanas segundo os plans do goberno local, ofrece aos emprendedores o aluguer de oficinas a baixo custo.
O segundo, en fase de proxecto, ten un rumbo industrial co fin de favorecer a implantación de pequenos talleres. Os plans pasan por habilitar catro naves entre 300 e 400 metros cadrados, cuxo custo oscilará entre os 349 e 524 euros mensuais «co fin de facilitar aos emprendedores a posibilidade de iniciar a súa actividade», segundo explica o portavoz municipal, Xurxo Charlín. O viveiro industrial situarase no polígono industrial de Sete Pías, na nave que antigamente ocupaba Forvi e que quedou libre no principio do ano, e terá un custo de 125.675 euros. O Concello solicitou unha subvención co fin de cubrir o 80 % do orzamento. A previsión de Charlín é comezar a obra este ano.
FONTE: Cambados / La Voz, 13 de abril de 2016
