O viveiro de empresas do polígono industrial de Sete Pías (Cambados) está un pouco máis preto de facerse realidade. O Concello acaba de abrir o proceso para que os interesados en ocupar algunha das oficinas dispoñibles a estes efectos no centro loxístico do polígono presenten as súas propostas, tendo en conta que onte o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o regulamento correspondente. Na web municipal www.cambados.es pódense descargar os impresos que hai que presentar para optar a algún destes locais e pódese tamén consultar a ordenanza que regula este servizo.

Unha vez que chegue a solicitude ao Concello, o grupo de goberno estudará cada unha das propostas para comprobar que reúne os requisitos establecidos nas bases e, a partir de aí, empezar a adxudicar os locais dispoñibles. O viveiro de empresas concibiuse para promocionar aos emprendedores de Cambados e zona de influencia pois lles permite dispor de oficinales e locais de reunión a baixo prezo. Sitúanse no centro loxístico do polígono de Oubiña, que agora xestiona o Concello en virtude dun acordo alcanzado meses atrás coa asociación de empresarios do polígono.

FONTE: CAMBADOS A VOZ. 26 de xaneiro de 2016.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, política de cookies, pinche o enlace para maior información..plugin cookies

ACEPTAR