

Qué che ofrecemos
O Viveiro de Empresas do Concello de Cambados, conta cun conxunto de 4 despachos, totalmente equipados e dotados dunha ampla oferta de servizos comúns, destinados a albergar empresas novas ou de recente constitución, e a posibilidade de habilitar unha das Aulas de formación nunha oficina de uso compartido con catro despachos no caso de que a demanda destes espazos así o precise.
Situación (orientación xeográfica, comunicacións, vías e estradas que o secundan) :
Parroquia de Oubiña. Linda cos concellos de Vilanova de Arousa e de Ribadumia. Comunícase a través de dúas estradas: a 9002 da Deputación Provincial, polo Norte e a PO-300 da Xunta de Galicia, polo Sur. Atópase a 2 quilómetros aproximadamente do enlace coa vía rápida (agora chamada vía de alta capacidade)
Superficie total do polígono: 285.068 m2
Superficie de parcelas: 193.148,77 m2
Superficie máxima a construír: 144.775 m2 (uso industrial)
- Parcelas edificadas 72%
- Parcelas libres 28%
- Nº de empresas instaladas 56%




Que hai detrás
Infraestructura
Unha infraestructura posta ao teu servizo para facilitarche a creación e posta en marcha do teu proxecto.
Equipo humano
Un equipo humano disposto a axudarche na orientación do desenvolvemento do teu proxecto.
Soporte tecnolóxico
Un soporte tecnolóxico á túa disposición para facilitarche os canles de distribución e coñecemento de potenciais clientes.
O QUE OUTROS NOS PREGUNTARON
Cales son os nosos obxectivos?
Os obxectivos do viveiro son:
- Favorecer o nacemento, arranque e consolidación de novas empresas.
- Favorecer a xeración de emprego.
- Diversificar a estrutura produtiva local, favorecendo a instalación de empresas de carácter innovador.
- Crear un medio idóneo en condicións de prezo e servizos que permita ás iniciativas empresariais desenvolver o seu Plan de Empresa para que, cun tempo de estancia limitado, estén en situación de competir e actuar en condicións de mercado.
- Ser un instrumento de apoio eficaz para aquelas iniciativas empresariais que, polas características da súa actividade empresarial, non precisen dun espazo físico de ubicación pero sí a infraestrutura, loxística e servizos ofertados polo Viveiro.
Para conseguir estes obxectivos cóntase coa axuda da Unión Europea a través de Fondos FEDER xestionados por INCYDE, subvención da Xunta de Galicia e coa axuda do Concello de Cambados que é propietaria do viveiro, ademais do convenio de colaboración coa entidade Microbank.
Pero o Viveiro de Empresas do Concello de Cambados é moito máis que un espazo para o aloxamento de empresas. A nosa misión é a de acompañar proxectos emprendedores. Somos un espazo de acompañamento empresarial, onde o emprendedor ademais de servizos de infraestrutura e loxística, vai a recibir formación, tutorización e asesoramento especializado segundo as necesidades propias de cada proxecto.
Qué requisitos hai que cumprir para integrarnos no viveiro?
- Ser empresas de nova ou recente creación.
- Desenvolver unha actividade novedosa ou innovadora no Concello de Cambados.
- Especial valoración á xeración de postos de traballo en Cambados e a diversificación do tecido empresarial do municipio.
- Os solicitantes non realizarán a mesma actividade como autónomos ou como empresa nos últimos seis meses.
- A estrutura do capital social da empresa non poderá cambiar durante a estancia no viveiro, en caso necesario o cambio deberá ser aprobado polo Concello de Cambados ou poderá supoñer a expulsión do viveiro.
- A empresa candidata ha de ser unha microempresa (menos de 10 traballadores e un volume de negocio anual que non supere os dous millóns de euros), e ademais o seu capital non ha de estar participado en máis dun 25% por unha sociedade que non sexa pequena ou mediana empresa.
Canto tempo podemos atoparnos aloxados nel?
No caso de Ubicación Física
A estancia máxima das empresas establecidas no contrato de cesión de uso é de DOUS ANOS. No entanto e co fin de apoiar aquelas empresas que necesiten algún tempo máis para a consolidación do seu negocio, poderá incrementarse este prazo, previa petición e xustificación do interesado, ata un ano máis, cunha antelación mínima de tres meses á finalización do mencionado contrato. O Local en Cesión á Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés terá unha duración de CATRO ANOS prorrogables.
No caso de Viveiro virtual
Para o caso de empresas xa constituídas, a duración do contrato de prestación de servizo e uso das instalacións comúns do Viveiro de Empresas,establécese por un prazo de CINCO ANOS a contar dende o día da súa firma, prorrogables por vontade das partes. No caso de empresas en proxecto, a duración do contrato de prestación de servizo e uso das instalacións comúns do Viveiro de Empresas,establécese por un prazo de SEIS MESES a contar dende o día da súa firma. Acreditada a constitución da empresa, o contrato poderá ser prorrogado por vontade das partes.
En qué horario?
Como os comezos son difíciles e adicanse moitas horas, o Viveiro de Empresas do Concello de Cambados conta cun horario o suficientemente amplo para que poidas traballar todo o que necesites:
TIPOS DE HORARIO | LUNS A VENRES | SÁBADOS | |
HORARIO DO VIVERO | Horario das INSTALACIÓNS | Libre* | Libre* |
Horario deSERVIZOS E ACCESO A ZONAS COMÚNS | De 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas |
*Condicionado ó horario de apertura das empresas situadas nel.
Ademais se non queres ir a casa ao mediodía, podes quedar a comer no Viveiro porque na planta baixa existe unha cafetería con servizo de comedor.
O QUE OUTROS PODEN CONTARCHE
Comezos modestos
Deime conta de que todo o que se facía no mundo da moda nupcial era igual de monótono. Aos 31 anos tiven un fillo e parei durante ano e medio, e á hora de volver fíxeno montando unha tenda. Un ano despois creei a empresa. Todo empezou dunha forma sinxela, non como un gran proxecto, pero o certo é que as cousas van moi rápido. Houbo boas ideas, un bo punto de partida e un equipo de xente detrás empeñado en que todo saíse ben, con moitas horas de traballo por diante. Nunca nos importou o que custa un metro de texido. O gran segredo é innovar, innovar e innovar.
Rosa ClaráEntendemos que hai outro xeito de producir e vender viño. Pretendemos construír unha imaxe distinta, romper coa clásica proxección do viño, moi tradicional. Apostamos por presentacións máis arriscadas, incluso pensando en mercados globais. Queremos ser modernos e manternos dentro dunha liña elegante, sofisticada, un pouquiño chic e urbana. Pero non se trata só de vestir as botellas. Non queremos aplicar esta filosofía só ao deseño, senón a todo o proceso de elaboración. Temos a última tecnoloxía aplicada ao mundo do viño e intentamos que a calidade vaia acorde coa imaxe.
Belén VarelaCambados ten potencial económico no sector enerxético, no do mar, no turismo e nas novas tecnoloxías da información. Unhas oportunidades que se poderían desenvolver a curto ou medio prazo. Recorrer ás enerxías renovables (biomasa), aproveitar a algas ou outras prantas mariñas para destinalas á industria alimentaria, farmacéutica ou cosmética son outras dúas opcións para crear emprego neste municipio. En Cambados o perfil emprendedor recae nas mulleres de entre os 30 e 40 anos sen formación académica e que vive principalmente do sector primario (agricultura e pesca).
Pedro Figueroa Dorrego
CÓMO ATOPARNOS FACILMENTE
Poligono Sete Pías
CONTACTA CON NÓS
Máis información
Se queres recibir máis información acerca dos espacios dentro do viveiro empresarial, xornadas de formación grupal, acceso á aula de novas tecnoloxías, etc. non dubides en poñerte en contacto con nós ven a través do teléfono ou mediante o formulario de contacto.
Dirección: Polígono Industrial Sete Pías A Grenla 27 – Oubiña (Cambados)
Teléfono: +034 986 986 986
Horario de oficinas: 8:00-18:00 L-V, 9:00-13:00 S